Melloran o campo de fútbol municipal de Alfoz

AMariñaXa
Foi certificada a obra de revestimento interior do campo, cun investimento total de 28.859 euros
campo-futbol-municipal-alfoz
4 Oct 2024

O Concello de Alfoz continúa a súa aposta pola mellora das infraestruturas deportivas locais. Recentemente, foi certificada a obra de revestimento interior do campo de fútbol municipal, cun investimento total de 28.859 euros. Esta actuación foi realizada tras a concesión dunha subvención de 20.000 euros outorgada pola Xunta de Galicia a través do programa de corrección de impactos paisaxísticos destinado a concellos galegos.

O importe restante foi asumido polo propio concello. Ademais, dentro do compromiso por un mantemento eficiente das instalacións, instalouse un robot cortacéspede no campo municipal, cun valor de 5 068 €. Esta adquisición foi financiada a través do Plan Deputación Cooperación cos Concellos. “Estas accións demostran o firme compromiso do Concello de Alfoz coa mellora das súas instalacións deportivas, buscando optimizar tanto a estética e funcionalidade das fachadas como o mantemento e conservación das infraestruturas”, apuntan dende o Concello.

0.16735196113586