Burela
A Deputación aproba investimentos no campo Malates de Foz e na praza da Mariña de Burela
As dúas actuacións foron aprobadas este venres na reunión da Xunta de Goberno
A Deputación axuda na atención a persoas con Alzhéimer cunha achega a AFAN Burela
José Tomé vén de formalizar no Pazo de San Marcos esta axuda coa entidade, que presta atención no Centro de Respiro Familiar a unha vintena de usuarios e usuarias
Burela acollerá este venres un cinefórum sobre a África Lusófona
O evento consistirá na proxección de tres curtametraxes procedentes de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau
O PP de Burela reclama que parte das antigas casas dos mestres se destinen a vivenda social
Os populares lembran que o proxecto de cesión ás asociacións foi iniciado polo seu goberno e piden adaptalo ás novas necesidades actuais
Burela vístese cun lazo rosa no Día Internacional contra o Cancro de Mama
Durante o acto, rendéuselle homenaxe a todas as mulleres que loitan ou loitaron contra esta enfermidade
Ribadeo recibe a Bandeira Verde de Galicia polo seu compromiso co medio ambiente
O concelleiro Diego Dos Santos recolleu o distintivo nun acto en Mos e destacou que o galardón é un estímulo para seguir protexendo o entorno natural
Burela abre un novo aparcadoiro municipal con 43 prazas dentro do seu Plan de Mobilidade Sostible
O estacionamento, situado entre as rúas Leandro Cucurny e José María González Río, forma parte das medidas para mellorar a accesibilidade e a fluidez do tráfico na vila
A mocidade de Burela percorre a vila para coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
O Concello organizou a actividade “Ruta guiada: Tódolos ODS son locais” en colaboración co Fondo Galego de Cooperación, combinando aprendizaxe, participación e realidade virtual
O PP critica a “degradación institucional” do goberno bipartito de Burela pola recepción ao Primeiro Ministro de Cabo Verde
Os populares lamentan a ausencia da alcaldesa e a falta de convite á oposición durante a visita de José Ulisses Correia
A Deputación de Lugo apoia o Centro de Día da Fundación Eu Son con 3.000 euros
O convenio asinado por José Tomé e Carmela López permitirá financiar parte dos gastos de funcionamento e garantir a atención integral ás persoas con discapacidade intelectual na Mariña lucense
O PP de Burela pide solucións urxentes para mellorar accesos e servizos en Os Cotos, Ril e A Casilla
Os populares reclaman reconsiderar a circulación restrinxida na vía entre Os Cotos e Ril, revisar a estación de bombeo e executar beirarrúas que garantan a seguridade peonil
Burela achega a mocidade aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible cunha ruta guiada
A actividade “Tódolos ODS son locais” celebrarase o 9 de outubro e combina percorrido urbano con realidade virtual
O “Camiño Gastronómico do Mar” regresa en outubro cun percorrido por 15 concellos da costa norte galega
A sexta edición combinará sete etapas do Camiño do Mar con degustacións de peixe da lonxa de Burela elaboradas por cociñeiros lucenses
O PP de Burela critica a falta de servizos básicos no mercado semanal e cuestiona a subida do IBI
Os populares reclaman baños portátiles, máis contedores e transparencia na política fiscal do goberno local
O primeiro ministro de Cabo Verde visitará Burela o 5 de outubro
Ulisses Correia e Silva participará nun encontro aberto coa veciñanza e compartirase unha merenda comunitaria
Burela pon en marcha os Espazos das Familias para nais e pais con fillos de 0 a 6 anos
As sesións, que combinan xogos, aprendizaxe e apoio, arrancan o luns 29 de setembro na Aula de Familia da Casa da Cultura
O PP de Burela reclama melloras de hixiene e servizos no mercado semanal dos venres
A formación popular pide a instalación de baños portátiles e máis colectores de lixo, recollendo as demandas de comerciantes e usuarios
Eventos
OcioenGalicia
Samaín en Arteixo
OcioenGalicia
Concierto de Abraham Cupeiro en Lugo
OcioenGalicia
Concierto de Abraham Cupeiro en Santiago de Compostela
Djunta Mó: un espazo de unión
Un novo colectivo que une á comunidade caboverdiana na Mariña para fortalecer lazos e construír unha sociedade máis inclusiva
A Escola de Música de Burela incorpora unha materia de produción sonora accesible a toda a veciñanza
O novo curso ofrece formación práctica na creación musical e mantén xornadas de portas abertas ata o 19 de setembro
Ximnasia activa en Burela para fomentar o envellecemento saudable
O Concello impulsa unha nova edición do programa dirixido a maiores de 60 anos con exercicios, xogos e actividades de dinamización
Quince concellos da provincia reciben unha achega para realizar auditorías e obras nas redes de auga
As entidades locais beneficiarias son Barreiros, Begonte, Xermade, Guitiriz, Rábade, Friol, Guntín, Castroverde, Monterroso, Abadín, Paradela, Triacastela, O Saviñao, Chantada e Burela
A Confraría de Pescadores de Burela pon en marcha o Proxecto PESCARTE para promover a pesca artesanal
A iniciativa, apoiada pola Consellería do Mar e fondos europeos, busca revalorizar os oficios mariñeiros e impulsar a sostibilidade do sector
Aberto o prazo de inscrición na Escola de Música de Burela para o curso 2025/2026
As prazas son limitadas e están dispoñibles para todas as idades a partir de 4 anos en diferentes instrumentos
Burela acollerá un taller de defensa persoal dirixido a mulleres
A actividade celebrarase o 10 de setembro na Casa da Cultura e empregará o Método MAS, unha técnica específica pensada para fortalecer corpo e mente







