Viveiro acolle o día 8 unha visita guiada teatralizada

AMariñaXa
Viveiro acolle o próximo xoves, día 8 de decembro, unha visita guiada teatralizada para os veciños e visitantes
Viveiro veran percorridos panoramicos
Viveiro veran percorridos panoramicos
5 Dec 2022

Viveiro acolle o próximo xoves, día 8 de decembro, unha visita guiada teatralizada para os veciños e visitantes que desexen coñecer o seu patrimonio histórico e cultural.

A saída será ás 12:00 horas desde a estatua de Pastor Díaz no na praza Maior do Concello de Viveiro. É recomendable anotarse con anterioridade na Oficina de Turismo.

Esta iniciativa ten carácter gratuito e vai dirixida ao público en xeral.

“Temos un amplo patrimonio civil e relixioso, este tipo de iniciativas permiten coñecer a historia de Viveiro e as persoas que asisten quedan sempre moi satisfeitas”, asegura Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro.

Viveiro veran percorridos panoramicos cartel
0.14703297615051