Varios equipos de base posiciónanse para o ascenso

AMariñaXa
Os equipos mariñaos de xuvenil, cadete e infantil remataron esta fin de semana a súa participación nas ligas autonómicas e provinciais.
cd foz infantil
31 Maio 2021

Os equipos mariñaos das categorías xuvenil, cadete e infantil, remataron esta fin de semana a súa participación nas ligas autonómicas e provincias con grandes resultados.

Así, na categoría xuvenil autonómica, o Viveiro logrou o seu pase á fase de ascenso a Liga Nacional tras vencer ao Residencia pola mínima a domicilio ocupando deste xeito a segunda praza da táboa.

Tamén en cadete, o conxunto viveirense buscará o ascenso de categoría tras obter tamén a segunda praza da clasificación. O conxunto celeste logrou esta posición una xornada antes do remate e ao ter para finalizar xornada de descanso. O Ribadeo, malia gañar o último encontro ante o seu rival directo, o Lugo B, non puido clasificarse.

Na categoría infantil o Viveiro pechou esta primeira fase sen clasificar polo ascenso como pechacancelas do seu grupo.

LIGAS PROVINCIAIS

Tamén rematou a primeira fase na categoría xuvenil das ligas provinciais. Loitarán polo ascenso a Liga Galega nesta segunda etapa a partir da próxima fin de semana os mariñaos Ribadeo e Foz, xunto a Milagrosa e Sarriana, dentro dos equipos da provincia.

En Segunda clasificaron para loitar polo ascenso a Primeira Burela e Viveiro, que competirán polo ansiado ascenso tamén con Piringalla e Antas.

En cadete, o Burela, que goleou impunemente esta fin de semana xa está clasificado para loitar polo ascenso aínda que falta unha xornada por disputarse. O conxunto burelao vai seguido do Viveiro, que tamén ten xa un pé na clasificación polo ascenso, pero deberá medirse co resto de segundos equipos xá que só pasará un.

En infantil tamén clasificou o Foz como campión de grupo e tamén unha semana antes da finalización da competición. O conxunto vermello pechou esta primeira fase invicto e foi recibido esta fin de semana como campión no Martínez Otero polo equipo de Preferente, que lles fixeron o pasillo. Viveiro B e Río Ouro pelexarán na última xornada pola segunda praza.

0.11211585998535