Vanesa Ares protagoniza a sesión de kickboxing do próximo día 1 en Foz

Foz
AMariñaXa
O vindeiro 1 de outubro non perdas a oportunidade de gozar do kickboxing coa velada III Arenka Fight Night de Vanesa Ares.
vanesa ares combate arenka boxeo
vanesa ares combate arenka boxeo
25 sep 2022

O vindeiro de outubro non perdas a oportunidade de gozar do kickboxing coa velada III Arenka Fight Night.

O pavillón Torques de Marzán vibrará con 9 pelexas e a loita por primeira vez do cinturón ibérico entre a focense subcampioa de España, Vanesa Ares, e a representante da selección portuguesa, Sara.

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez, xa lle deu ánimos a Arenka e aos seus rapaces, porque seguro que o pavillón de Marzán lles dará a enerxía que necesitan no ring.

As entradas poden mercarse no bar Escairo e a Casa da Xuventude.

vanesa ares combate arenka boxeo interior