Últimos días para inscribirse no Campus Mareo que se celebrará en Foz do 20 ao 25 de xullo

Foz
AMariñaXa
O prazo para participar nesta actividade, dirixida a nenos e nenas a partir de seis anos, remata o vindeiro luns 13 de xullo
campus-mareo-foz
10 Jul 2026

O vindeiro luns 13 de xullo remata o prazo de inscrición para participar no Campus Mareo, unha actividade de fútbol destinada a nenos e nenas a partir dos seis anos que se desenvolverá entre os días 20 e 25 de xullo.

O campus terá como escenario o Campo de Fútbol Municipal de Foz e desenvolverase en horario de 10.00 a 14.00 horas, seguindo a metodoloxía oficial de formación da canteira do Real Sporting de Xixón.

A programación inclúe a entrega da equipación oficial aos participantes, a celebración dun torneo 3x3 e varias visitas especiais, entre elas ás instalacións de El Molinón e á Escola de Fútbol de Mareo.

A iniciativa ofrece á rapazada a oportunidade de combinar formación deportiva e actividades complementarias durante unha semana de verán centrada na práctica do fútbol.

0.12055087089539