Esta fin de semana será a Carreira de Montaña As Minas da Pontenova

AMariñaXa
A Asociación As Minas da Pontenova xunto co Concello organizan a II Carreira de Montaña As Minas da Pontenova,
II carreira de montana as minas pontenova
II carreira de montana as minas pontenova
9 mar 2023

A Asociación As Minas da Pontenova xunto co Concello organizan a II Carreira de Montaña As Minas da Pontenova, unha proba que se celebrará o domingo 12 de marzo de 2023.

A proba deportiva consta de media mararón, 10 quilómetros e andaina. Para participar será necesaria a previa inscrición, que xa está finalizada e na que hai 83 inscritos.

Para máis información haberá que consultar a web de carreiras galegas. A proba transcorrerá pola zona das antigüas minas.

Haberá trofeo aos tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos da carreira de 21km e 10km, ao vencedor de cada categoría masculina e feminina da distancia de 21km, e unha medalla ao 2º e 3º clasificado de cada categoría masculina e feminina no 21km.

A saída e meta será na praza dos Fornos e será saída ás 10.00 horas e constará de 21 quilometros aproximados e percorrerá camiños de terra e pistas, e estará pechado a todos os vehículos excepto os autorizados pola organización.

II carreira de montana as minas pontenova