Traballadores do Concello de Foz están recibindo formación sobre desfibriladores

Foz
AMariñaXa
Traballadores do Concello de Foz están recibindo formación sobre a utilización correcta dos desfibriladores.
19 Jan 2023

Traballadores do Concello de Foz están recibindo formación sobre a utilización correcta dos desfibriladores.

O Concello de Foz traballa na prevención e na saúde das súas veciñas e veciños. Por iso estanse a impartir unha serie de cursos certificados para dotar das capacidades necesarias en primeiros auxilios e o uso correcto dos dispositivos DESA (desfibriladores) aos traballadores dos edificios municipais.

A concelleira de Sanidade, Kathy Navarro, explica que “é moi importante que os traballadores coñezan o uso correcto dos desfibriladores. Actualmente temos cinco no Concello de Foz (nos coches da Policía Local e do 061, no Pavillón Municipal Torques de Marzán, no Cenima e en Servizos Sociais). A idea e seguir instalando máis dispositivos DESA e continuar formando ao persoal para que se incluso se dese un caso na rúa saiban como deben actuar ante a situación."

Nas próximas semanas tamén se impartirán cursos de primeiros auxilios e sobre o uso correcto do desfibrilador ao alumnado de 3° e 4° da ESO do IES de Foz.

0.16362905502319