San Cibrao conta cun novo club de trail, A Fume de Carozo

AMariñaXa
San Cibrao conta dende esta semana cun novo club de trail creado por un grupo de amigos aos que lles une a súa paixón por este deporte.
a fume de carozo club trail San Cibrao
a fume de carozo club trail San Cibrao
31 ene 2023

San Cibrao conta dende esta semana cun novo club de trail creado por un grupo de amigos aos que lles une a súa paixón por este deporte, o aire libre e a natureza.

A Fume de Carozo, "nace como un humilde club pero rebosante de enerxía e con moitas ganas de divertirnos facendo o que nos gusta", comunicaron.

Así, animan á veciñanza que lle guste o deporte de montaña e ao aire libre a compartir experiencias e unirse ao club.

Para máis información pódese mandar un email a afumedecarozosanci@gmail.com. Aquí pódese descargar a inscrición e de agasallo recibirase a camiseta oficial do club.