Ribadeo prepara 5 roteiros guiados durante esta Semana Santa

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo organiza 5 roteiros guiados durante esta Semana Santa. O primeiro será o mércores, 5 de abril
xeoruta arcos ribadeo
1 Abr 2023

O Concello de Ribadeo organiza 5 roteiros guiados durante esta Semana Santa. O primeiro será o mércores, 5 de abril, e desenvolverase a XeoRuta dos Ollos con saída ás 10.30 horas desde a praza de Santa Catarina, en Rinlo.

Para o xoves, 6 de abril, estará prevista unha ruta polo Ribadeo Indiano, que partirá ás 17.00 horas da Oficina de Turismo.

O venres, día 7, será tempo para que os visitantes poidan achegarse ata o Ribadeo Ilustrado. Esta ruta sairá tamén ás cinco da tarde das inmediacións do Concello.

O sábado, 8 de abril, terá lugar a XeoRuta da Ría con saída ás 16.30 horas da Oficina de Turismo.

E o domingo, día 9, neste caso en horario de mañá haberá unha nova ruta polo Ribadeo Indiano. Dará comezo ás 12.00 na Oficina de Turismo,

As persoas que desexen facer algunha destas rutas poden reservar praza no teléfono 982 128 689 ou tamén na web turismo.ribadeo.gal na sección de Momentos. As prazas son limitadas. Estas actividades son balde.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, anima aos visitantes “a coñecer o pasado ilustrado e indiano de Ribadeo e a riqueza arqueolóxica e paisaxística do noso concello. Estas rutas son unha boa oportunidade para facelo”.

0.096129179000854