Ribadeo pecha cun balance positivo o Campus de Tecnificación The Basket Dream Breogán

Ribadeo acolleu entre os días 6 e 11 de xullo unha nova edición do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream Breogán, unha actividade organizada por The Basket Dream e o CB Ría de Ribadeo coa colaboración do Concello de Ribadeo, Caja Rural e Tukán.
Ao longo de seis xornadas, os participantes combinaron adestramentos e actividades centradas na mellora técnica co obxectivo de favorecer a aprendizaxe, a convivencia e o desenvolvemento persoal a través do deporte.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, fixo un balance positivo da iniciativa e destacou que “foi unha semana dedicada ao baloncesto, á aprendizaxe e á convivencia, deseñada para que os mozos e mozas se desenvolvan a través do deporte, compartindo valores, creando amizades e vivindo experiencias inesquecibles”.
Segundo explicou o edil, entre os asistentes houbo un elevado nivel deportivo, o que permitiu que durante o campus se realizasen dúas ofertas de bolsas, unha na categoría masculina e outra na feminina, para continuar a formación deportiva nos Estados Unidos.
Silvent tamén lembrou que na actividade participaron xogadores e xogadoras procedentes de diferentes puntos de Galicia vinculados aos Campus The Basket Dream Breogán e quixo agradecer a implicación de todos os participantes e da organización. O alcalde destacou o gran nivel entre os asistentes, destacando que incluso xurdiron dúas ofertas de becas, unha masculina e unha feminina, para formarse en Estados Unidos, e asegurou que desde o equipo de Goberno agradan continuar con esta iniciativa o vindeiro ano.