Ribadeo acolle o sábado unha xornada de hockey liña prebenxamín

AMariñaXa
Este evento está organizado polo Club de Hockey Isla Pancha e será no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño
Ribadeo-liga-prebenxamin-hockey-liña
9 Jan 2025

O vindeiro 11 de xaneiro, o pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño será o escenario dunha emocionante xornada de hockey liña prebenxamín. Así, a partir das 11.00 horas, poderase desfrutar deste deporte de contacto.

Este evento está organizado polo Club de Hockey Isla Pancha, coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Federación Galega de Patinaxe, a Xunta de Galicia e Deporte Galego.

O club Isla Pancha encóntrase entre os tres equipos lucenses que apostan por esta práctica deportiva. “O club naceu sobre o 2010 e daquela só había un equipo e non houbo outro ata despois da pandemia. Este é o terceiro ano que competimos”, conta Marcos Cabanas, que se estreou na presidencia tras a renovación completa da directiva.

“Queremos que aprendan que o traballo en equipo é o primordial, porque este é un deporte no que poderás ter un gran xogador pero se non o acompaña un equipo non hai nada”. Asegura Marcos que “tes que confiar moito nos teus compañeiros en que che van a dar o pase, que te van a apoiar e que cando xa non poidas máis van aguantar o equipo e o partido”.

0.081147909164429