Ribadeo volve ser sede da Liga Regular alevín de hockey liña
AMariñaXa
O club de hockey Isla Pancha, os trasnos, enfrontarase a un equipo asturiano e a outro coruñés
11 Dec 2024
O club de hockey Isla Pancha anuncia unha nova xornada da Liga Regular alevín de hockey liña autonómica, coa terceira sede en Ribadeo. Compiten todos os equipos no Pavillón de Deportes o día 15 de decembro. A sede comeza ás 10.30 e vai ata as 19.45 horas, en concreto, o Isla Pancha xoga ás 12.50 horas e ás 18.40 horas.
Os Trasnos, equipo local, enfrontaranse aos Guajes, combinado asturiano convidado nesta liga e ao Alquimia, equipo coruñés. Na clasificación da presente tempada 2024/25, o club Isla Pancha ocupa a quinta posición, mentres que o seu rival asturiano Guajes atópase no top na terceira posición e o Alquimia da Coruña vai sétimo.