Primeira edición do Run Foz Run Summer Camp

Foz
AMariñaXa
A Run Foz Run organiza, coa colaboración do Club de Atletismo Ría de Foz e outras entidades, o Run Foz Run Summer Camp.
run foz run 2021 1
run foz run 2021 1
8 Xuño 2021

A Run Foz Run organiza, coa colaboración do Club de Atletismo Ría de Foz e outras entidades, o Run Foz Run Summer Camp. Este campamento de verán está dirixido a todos os nenos, de entre 5 e 16 anos, interesados en desfutar o verán ao máximo.

O fío condutor do campus será o deporte, concretamente o atletismo, pero haberá tempo para moitas máis actividades: kayak, surf, rutas polo monte, xincanas, xogos, concursos, cine... E moitas máis sorpresas.

Será os luns e mércores de xullo e agosto de 10.00 a 13.00 horas no campo de fútbol Os Castros de Cangas de Foz e haberá grupos reducidos.

Para máis información e anotarse haberá que chamar ao 659 996 670.

run foz run 2021
0.092936038970947