Os xogadores de bolos de Xove foron homenaxeados polo Concello

AMariñaXa
Todos os xogadores de bolos do Concello de Xove foron homenaxeados no campo de bolos do Centro Social de Lago
homenaxe xogadores bolos xove
homenaxe xogadores bolos xove
19 dic 2022

Os xogadores de bolos do Concello de Xove foron homenaxeados no campo de bolos do Centro Social de Lago, durante o intermedio da competición da Liga de Bolos do Concello que tivo en Lago a súa 10ª e última tirada deste ano.

"Que o noso Concello é unha potencia neste deporte non é un secreto, xa que hai moitos anos que dende o Concello se apoia este deporte, organizando competicións deportivas e apoiando aos xogadores federados", dixo Mario Eijo Barro, Técnico Municipal de Cultura e Comunicación. 

"Os xogadores do Club, nas distintas categorías (individual, parellas, mixtos, seniors femeninos e masculinos, xuvenís,….), veñen tendo un desempeño importante neste deporte, acadando importantes logros nos distintos campeonatos nacionais e tamén galegos. Lóxicamente, ademáis da importante impronta deportiva, temos que agradecerlles que paseen o nome do noso Concello por toda Galicia e tamén por alguns lugares fóra de Galicia (Asturias, Madrid,…)", engade o Eijo .