Os xogadores de bolos de Xove foron homenaxeados polo Concello
Os xogadores de bolos do Concello de Xove foron homenaxeados no campo de bolos do Centro Social de Lago, durante o intermedio da competición da Liga de Bolos do Concello que tivo en Lago a súa 10ª e última tirada deste ano.
"Que o noso Concello é unha potencia neste deporte non é un secreto, xa que hai moitos anos que dende o Concello se apoia este deporte, organizando competicións deportivas e apoiando aos xogadores federados", dixo Mario Eijo Barro, Técnico Municipal de Cultura e Comunicación.
"Os xogadores do Club, nas distintas categorías (individual, parellas, mixtos, seniors femeninos e masculinos, xuvenís,….), veñen tendo un desempeño importante neste deporte, acadando importantes logros nos distintos campeonatos nacionais e tamén galegos. Lóxicamente, ademáis da importante impronta deportiva, temos que agradecerlles que paseen o nome do noso Concello por toda Galicia e tamén por alguns lugares fóra de Galicia (Asturias, Madrid,…)", engade o Eijo .