Os veteranos da SD Burela proclamáronse campións da Liga Provincial de División de Honor de Veteranos de Fútbol

AMariñaXa
Os veteranos da SD Burela proclamáronse campións da Liga Provincial de División de Honor de Veteranos de Fútbol
200523 Foto veteranos SD Burela 1
200523 Foto veteranos SD Burela 1
21 Maio 2023

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, participaron no acto de recoñecemento aos veteranos da SD Burela tras proclamarse campións da Liga Provincial de División de Honor de Veteranos de Fútbol.

Fernández Rey dixo: “o Concello sempre está a carón do deporte local polos valores que fomenta e pola promoción que realiza de Burela nas diferentes competicións nas que participan. Neste caso quixemos ter un recoñecemento cos veteranos da SD Burela”.

O concelleiro de Deportes sinalou: “agardamos que sirvan de exemplo para as xeracións que veñen detrás e para todas aquelas nenas e nenos que están a iniciarse en calquera deporte neste momento”.

0.19215106964111