Os benxamíns dos Trasnos achéganse aos play off da Liga Élite Galega

AMariñaXa
O equipo ribadense sumou unha importante vitoria en Cambre e ascende provisionalmente ao terceiro posto antes dunha última xornada decisiva ante Brigantium e Meigas de Lugo
benxamins-trasnos-hockey-ribadeo-2026
12 May 2026

Os benxamíns dos Trasnos do Club Isla Pancha de Ribadeo deron un paso importante na Liga Élite Autonómica de hóckey liña tras a xornada disputada este sábado en Cambre. O conxunto adestrado por Sole conseguiu sumar tres dos seis puntos posibles, un resultado que lle permite colocarse provisionalmente na terceira posición da clasificación e manter intactas as opcións de acceder aos play off da competición.

A primeira cita da xornada non resultou favorable para os ribadenses, que caeron diante dos Morcegos de Ourense, equipo que ocupa actualmente o segundo posto da táboa, só por detrás das Meigas de Lugo. A pesar do esforzo dos Trasnos, o encontro acabou decantándose do lado ourensán.

Con todo, o equipo reaccionou no segundo partido da tarde nun duelo moi igualado e cheo de emoción fronte ao Ártabros Green da Coruña. Os ribadenses protagonizaron un encontro intenso e con numerosos goles, logrando finalmente unha axustada vitoria por 9-8 que lles permitiu escalar ata o terceiro posto da clasificación.

A próxima xornada, prevista para o día 24 deste mes, será definitiva para decidir os equipos que disputarán os play off polo título. Os Trasnos mediranse a dous rivais de gran nivel, Brigantium de Arteixo e Meigas de Lugo, nunha cita clave para o futuro do equipo na competición.

0.1308000087738