O Senado esixirá a Sánchez a instalación urxente do sistema láser na A-8 ao seu paso polo Fiouco

O senador popular mariñán José Manuel Balseiro esixiu dende a Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Senado “catro cuestións moi claras: a instalación urxente do sistema láser, a ampliación das balizas antinéboa, o reforzo dos sistemas de detección e análise meteorolóxico e a adopción de todas as medidas necesarias para garantir unha circulación segura” na A-8 ao seu paso polo Fiouco”.
O popular asegura que “non podemos normalizar que a A-8 siga sendo unha autovía con seguridade de segunda” e lembra que “o Fiouco segue sendo un dos puntos perigosos de toda a A-8 porque foi mal deseñada dende o principio sendo ministro José Blanco que a levou polo punto máis alta da Transcantábrica”.
“As balizas antinéboa e o desvío automatizado son medidas parciais e insuficiente”. O propio Ministerio recoñeceu fai case 10 anos que a solución máis eficaz era o sistema de balizamento láser para guiar aos condutores en condicións extremas de falta de visibilidade despois dun concurso de ideas para estudar alternativas sendo ministra Ana Pastor.
Polo tanto, Balseiro preguntou “por que non se instalou neste tempo”. Así, “xa non estamos ante un problema técnico, senón político”. E asegurou que “o Goberno de Sánchez leva anos atrasando unha actuación urxente”. E engadiu que “os atrasos son unha falta de respecto aos condutores, aos veciños da Mariña e da provincia e ás vítimas de accidentes no Fiouco”.
O senador mariñán asegurou que “nos resulta sangrante aos veciños da zona que haxa diñeiro para recadar” porque “os radares de tramo do Fiouco están entre os que máis multan de Galicia e de España”. De feito, “o Goberno recoñeceu en resposta oficial que solo nun ano chegou a recadar máis de 1M€ ao ano en sancións”. Pero, cando se trata de investir en seguridade para evitar accidentes, Todo son atrasos, estudos e escusas”. Pero, “o urxente non é recadar, é evitar a próxima traxedia”.
O PSOE SEMPRE ELIXE A SÁNCHEZ ANTES QUE LUGO
“O senador Mogo sempre que ten que elixir entre Sánchez e Lugo, elixe a Sánchez”, condenou. E, en relación á redución ás horas de peche do tramo, asegurou que “unha cousa é reducir cortes e outra garantir a seguridade viaria. Segue sendo un perigo circular con visibilidade mínima”.
Balseiro afeou que “mentres o Goberno presume de estatísticas, os usuarios agardan dende fai anos polo sistema láser que o propio Ministerio considerou a mellor alternativa”.
O PP aceptou incorporar ao acordo final a emenda do BNG na que solicita adecuar a N-634 como itinerario alternativo á A-8 en caso de néboa; aínda que lembrou que os nacionalistas “chegan tarde” xa que a mellora desta infraestrutura xa fora apoiada maioritariamente polo Senado en abril de 2025, grazas a unha iniciativa do PP que, daquela, non contou co apoio do BNG.
Por outra banda, rexeitou a emenda presentada polo PSOE ao considerar “unha tomadura de pelo” que pidan agora “axilizar algo que leva pendente dende o 2023, precisamente desde o momento no que o propio Goberno elixiu esta solución técnica”. Nese sentido, preguntouse “que fixo o Goberno de Sánchez en preto de 3 anos”.