O Ribadeo FC presenta a sexta edición do Torneo Feminino Emma Cuervo

O Campo Municipal de Fútbol Pepe Barrera de Ribadeo acollerá o vindeiro 7 de agosto, ás 19.00 horas, a sexta edición do Torneo Feminino Emma Cuervo, unha cita deportiva organizada polo Ribadeo CF e xa consolidada dentro da programación deportiva estival do municipio, que este ano enfrontará ao Real Club Deportivo e ao Real Sporting de Gijón.
Coa organización desta sexta edición, o Ribadeo FC destaca a súa aposta por impulsar e dar visibilidade ao deporte feminino, ao tempo que ofrece á afección da Mariña a oportunidade de presenciar un encontro de alto nivel competitivo entre dous equipos de referencia.