O PP de Burela PP defenderán no vindeiro Pleno que o Goberno se “adapte á nova lei de benestar animal”

AMariñaXa
O VII Torneo Marosa Cup volve a Burela do 24 e 25 de xuño, reunindo a uns 60 equipos de fútbol e ao redor de mil xogadores
2 Abr 2024

Os concelleiros do PP de Burela defenderán no Pleno do vindeiro xoves unha iniciativa encamiñada a instar ao Goberno local a “adaptarse á nova lei de benestar animal”.

A proposta dos populares pivota en varios puntos que se fundamentan en elaborar unha estratexia municipal de protección do benestar animal habilitando o acceso das nosas mascotas ás dependencias municipais autorizadas. Tamén piden un estudo de uso da zona controlada sen atar ou realizar labores de información aos veciños e veciñas sobre a nova lei 7/2023 de protección e dereitos do benestar dos animais a través de campañas específicas, así coma a través da web municipal.

Os populares tamén propoñen ao goberno local realizar un estudo durante o 2024 para a posterior obrigatoriedade do censo de todos os cans creando un rexistro de ADN do animal no municipio ou declarar a Burela Concello amigo das mascotas e libre de maltrato animal, “prohibindo así calquera actividade que implique o maltrato animal”, expoñen.

Outra das medidas que propoñen é a ampliación do centro municipal de acollida de animais abandonados; así coma a correcta xestión das colonias felinas habilitando unha partida presupostaria.

Igualmente, os populares piden a elaboración dunha ordenanza de acordo coa nova lei de benestar animal. “Este á unha iniciativa pioneira que poñería a Burela como punta de lanza na Mariña nesta materia”, subliñan. E, polo tanto, agardan que “o goberno local acepte esta proposta que cremos que é positiva para a nosa vila”.

OUTROS ASUNTOS

O Grupo Municipal Popular de Burela tamén trasladará ao pleno diversas cuestións e inquedanzas que lles teñen feito saber os veciños nestes días como, por exemplo, “a problemática dos cheiros en diversos contedores do lixo que, ao seu xuízo, non son suficientemente lavados”.

Tamén preguntarán por que o Concello non actúa con contundencia na problemática dos vertidos que se seguen a facer dende domicilios particulares á rúa.

0.18722581863403