O luns, 21 de novembro, abre o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo

AMariñaXa
O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo. Unha nova edición da cita 
carreira san silvestre
carreira san silvestre
20 Nov 2022

O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo.  O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “os premios seguen sendo da mesma cantidade e do mesmo xeito que na anterior. O prazo de inscrición remata o 26 de decembro”.

O edil ribadense lembrou que “esta nova edición vén precedida da anterior, que estivo marcada polo Covid e parte desa carreira se fixo con máscara, pero logrouse levar a cabo esa edición”.

Díaz Freije agarda que sexan moitas as persoas as que se animen a inscribirse e a correr a San Silvestre 2022: “esperemos que este ano sexan moitos inscritos, que veñan a Ribadeo despedirse deste ano 2022 e que dean a entrada ao 2023. Quero desexarlles a todos os participantes un bo ano e saúde”.

0.075127124786377