O encoro de río Cobo acollerá a III regata de Copa Deputación de Piragüismo

AMariñaXa
O encoro de río Cobo acollerá a III regata de Copa Deputación de Piragüismo. Será o sábado 23 de xullo no Concello de Cervo
regata piraguismo auga
regata piraguismo auga
20 jul 2022

O próximo sábado 23 de xullo volve o piragüismo de base a Cervo da man da Copa Deputación de Lugo que dará comezo ás 10.00 horas no encoro de río Cobo.

O evento deportivo no escenario onde se desenvolverá  que arrincará ás 10:00 horas; e no que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.

Esta proba está organizada polo Club de Piraguismo de San Ciprián e é a terceira proba da Copa provincial nas que xa se fixeron a de Portomarín en maio e Ribadeo en xiño. As seguintes será en Viveiro o 15 de agosto, o 17 de setembro en Lugo e o 25 de setembro en Foz.