O Concello de Viveiro organiza unha recepción a Adrián Ben
AMariñaXa
O Concello de Viveiro organiza este sábado día 10, a partir das 13.00 horas, unha recepción na sala Multiusos a Adrián Ben
![ADRIAN BEN tarxeta](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/2023/03/ADRIAN-BEN-tarxeta.jpg)
ADRIAN BEN tarxeta
9 Mar 2023
O Concello de Viveiro organiza este sábado día 10, a partir das 13.00 horas, unha recepción na sala Multiusos a Adrián Ben, que o pasado domingo proclamouse campión de Europa de 800 en pista cuberta en Turquía.
O goberno municipal quere deste xeito reiterarlle ao atleta viveirense os seus parabéns por este novo éxito e amosarlle o cariño do seu pobo nun acto aberto a toda a veciñanza.
Tralo acto, Adrián Ben firmará a todos os que o desexen unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.
![ADRIAN BEN tarxeta](https://amarinaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/03/ADRIAN-BEN-tarxeta-200x200.jpeg)