O Concello de Ribadeo recibe un premio á xestión deportiva

AMariñaXa
Outorgado por Agaxede para municipios de menos de 15.000 habitantes
ribadeo-premio-carballo
14 Dec 2024

O Concello de Ribadeo foi galardoado co premio á xestión deportiva para municipios de menos de 15.000 habitantes, outorgado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede). A entrega dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva celebrouse no Pazo da Cultura de Carballo, onde o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, recolleron o recoñecemento.

Desde o Concello destacouse o apoio constante á organización de eventos deportivos, o fomento do deporte base e feminino, e a colaboración cos clubs locais. Tamén subliñaron a importancia de acoller competicións de ámbito internacional que contribúen a impulsar o turismo deportivo na comarca da Mariña.

Durante o acto, o concelleiro Francisco José Silvent cualificou o premio como un respaldo ao traballo desenvolvido no eido deportivo e destacou a implicación do técnico municipal de Deportes, Iván López, como parte fundamental do equipo.

O galardón foi entregado por Roberto Ramos, directivo de Agaxede e natural de Ribadeo, nunha gala que reuniu representantes de concellos e entidades deportivas de toda Galicia.

0.17054605484009