O combinado do Maderas Barcia estará hoxe na final de pista cuberta

AMariñaXa
O equipo de combinadas do Maderas Barcia Lourenzá Cervo foi clasificado para a final de pista cuberta de hoxe sábado 17 de decembro .
Maderas-Barcia-Lourenzá-Cervo-pista-cuberta-ourense
Actualizada el 21 mayo 2026, 10:14 horas
17 Dec 2022

O equipo de combinadas do Maderas Barcia Lourenzá Cervo foi clasificado para a final de pista cuberta de hoxe sábado 17 de decembro en Ourense.

As atletas Julia Fernández Castro, Clara Paz Méndez e Carmen García Vázquez acaban de clasificarse para o Campionato Autonómico de Pista Cuberta e as probas que terán que superar son: 60 valados, Lonxitude, Altura, 600 e Peso.

Esta previsto que empecen aorredor das 10.00 horas cos valados. A continuación salto de altura e o peso para finalizar a mañá.
Á tarde turno de lonxitude e 600 para finalizar ó redor das 20 horas.

En total son 10 os equipos que estarán representados, así que "esperamos que as nosas guerreiras fagan un bo papel", dixeron dende a directiva laurentina e cervense.

Maderas-Barcia-Lourenzá-Cervo-pista-cuberta-ourense-2
Maderas-Barcia-Lourenzá-Cervo-pista-cuberta-ourense-1
0.65497303009033