O colexio Martínez Otero de Foz recibiu a unha delegación do equipo feminino do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala

Foz
AMariñaXa
O colexio Martínez Otero de Foz tivo o pracer de recibir a unha delegación  do equipo feminino do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala
alumnos martinez otero foz visita burela fs
alumnos martinez otero foz visita burela fs
12 Maio 2023

Este xoves 11 de maio, o colexio Martínez Otero de Foz tivo o inmenso pracer de recibir a unha delegación  do equipo feminino do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, que nesta tempada xa acadou a Supercopa de España e a Copa da Raíña.

O alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de Primaria puido escoitar o relato das xogadoras profesionais Saki, Caridad e Patricia. As futbolistas tamén estiveron acompañadas por Emma Losada (delegada do equipo).

O mundo do deporte profesional, a esixencia dos adestramentos, os éxitos acadados, obxectivos  a curto prazo, soños por cumprir, alimentación, descanso... Foron moitos os temas que as  xogadoras compartiron cos rapaces e rapazas. Ademais, tamén se prestaron a responder todas  as preguntas que o noso alumnado tiña en mente e a asinar tarxetas personalizadas para que os  máis pequenos gardasen unha fermosa lembranza.

0.16885900497437