O Club de Remo adquire tres novas embarcacións grazas a unha achega

AMariñaXa
O Club de Remo de Ribadeo adquiriu tres novas embarcacións, tres skiffs, grazas á colaboración da Deputación de Lugo.
club remo ribadeo
11 Apr 2021

O Club de Remo de Ribadeo adquiriu tres novas embarcacións grazas á colaboración da Deputación de Lugo. Trátase de tres skiffs, un destinado á alta competición e outros dous pensados para as categorías de base, que amplían os medios dispoñibles para os 30 remeiros e remeiras do club ribadense. As novas embarcacións permitirán que o Club de Remo planifique con maior autonomía os adestramentos e as participacións en competicións deportivas.

As novas embarcacións están xa nas instalacións da entidade na Casa das Algas, na Vilavella.

Con esta acción quere axudarse ao club, que obtivo nos últimos anos excelentes resultados en campionatos galegos e estatais nas categorías de base e deportistas, en especial ante a revelación de valores de futuro do remo galego como Iker García ou Nerea Lago.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17473292350769