O club de Karate Shito-Kai organiza un curso de kumite en Ribadeo

AMariñaXa
Será impartido por Rubén Villaverde Canal, destacado campión de karate
Curso-Kumite-Ribadeo
23 sep 2024

O club de Karate Shito-Kai organiza un curso de kumite en Ribadeo o vindeiro 28 de setembro. O curso, que conta coa colaboración da Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo e a Federación Galega de Karate, será impartido por Rubén Villaverde Canal, destacado campión de karate, quen conta cun impresionante palmarés que inclúe catro títulos de campión de España en categoría individual e outros tantos por equipos.

Villaverde, que tamén foi dez veces campión de Asturias e seis veces campión nacional no estilo Gensei-ryu, trae á vila a súa ampla experiencia que inclúe ser subcampión de Europa Junior en 1998, terceiro clasificado en 1997 e campión de Europa Cadete en 1995. A actividade, posta en marcha polo técnico do club, Julián Martín, terá lugar no polideportivo de Ribadeo entre as 11:00 e as 13:00 horas.

0.15073394775391