O CIT da Pontenova está nominados na II Gala Premios Pesca ao Mellor evento deportivo nacional

AMariñaXa
O CIT da Pontenova informou de que están nominados na II Gala Premios Pesca a Nivel Nacional, que organiza o programa Río de la Vida
cit pontenova
cit pontenova
18 feb 2023

O CIT da Pontenova informou de que están nominados na II Gala Premios Pesca a Nivel Nacional, que organiza o programa Río de la Vida de Bom Radio, ao Mellor evento Deportivo España.

Esta cita será o próximo 4 de marzo no Espazo Multiusos de la Vega en Arroyo de la Encomienda, Valladolid, e nel premiarase en diferentes ambitos á pesca deportiva, reunindo aos cen mellores pescadores.

Os premios son Colaboración II Gala Premios Pesca, Invitado de Honra, que será para o prestixioso pescador Marcos Víctor Calleja, Lanzado e Precisión, Carpfishing, Salmónidos mosca, Montador de moscas e Stremers, Depredadores, Auga Doce, Mar - Costa, Medio de Difusión Pesca, Mellor Xestión Fluvial España, Conservación e Medio Ambiente, Programa máis descargado Río de la vida, Mellor evento Deportivo España e Premio Río da Vida 2022 ao que optan todas as persoas que asisten ao evento.