O Campionato Galego de Billar a tres bandas xógase estes días en Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro acolle estes días o Campionato Galego de Billar a tres bandas-II Trofeo Cidade de Viveiro.
BILLAR A TRES BANDAS II TROFEO CIDADE DE VIVEIRO 1
BILLAR A TRES BANDAS II TROFEO CIDADE DE VIVEIRO 1
4 Maio 2023

O Concello de Viveiro acolle estes días o Campionato Galego de Billar a tres bandas-II Trofeo Cidade de Viveiro.

A competición, que se disputa no Colexio Vello de Celeiro, está organizada polo Viveiro Club de Billar e conta coa presenza dos mellores xogadores galegos na actualidade, incluído o líder do ranquin autonómico Samuel García Ballesteros, do Billar Errantes.

“Estamos moi felices de volver a acoller este Trofeo Cidade de Viveiro que reúne aos mellores xogadores de Galicia, unha cita dun deporte con moita tradición e seguimento que dende o Concello apoiamos e promovemos”, afirma a alcaldesa María Loureiro.

En total serán corenta os xogadores que loitarán polo triunfo nas diferentes fases previas ata chegar á final deste Autonómico, que se celebra o sábado día 13 ás 19:30 horas.

As partidas poden seguirse a través da canle de You Tube.

BILLAR A TRES BANDAS II TROFEO CIDADE DE VIVEIRO
0.19088816642761