O Campionato de España de Ciclismo Paraolímpico volverá a Viveiro

AMariñaXa
A Comisión Delegada da RFEC aprobou na súa última reunión a data e sede do Campionato de España de Ciclismo Adaptado en estrada 2023.
campionato espana estrada paralimpico
campionato espana estrada paralimpico
16 abr 2023

A Comisión Delegada da RFEC informou que Viveiro será sede do Campionato de España de Ciclismo Paraolímpico en estrada 2023.

Así, a cidade do Landro acollerá do 19 ao 21 de maio o nacional 2023, un evento sinónimo de paixón ciclista no que os mellores especialistas nacionais, entre os que se atopan algúns dos mellores do mundo como Ricardo Ten, Sergio Garrote, Luís Miguel García-Marquina ou Eduardo Santas volverán expoñer todo o seu talento tanto nas probas contra o crono como en liña.

Doutra banda, o Palau Velòdrom Lluís Puig de Valencia será o escenario no que se dispute do 9 ao 11 de xuño o Campionato de España de Ciclismo Adaptado en Pista 2023.

campionato espana estrada paralimpico