O 71º Trofeo Emma Cuervo de Ribadeo será o 20 e o 28 de agosto

AMariñaXa
Presentouse oficialmente a 71º edición do Trofeo Emma Cuervo e a súa segunda edición no fútbol feminino, organizado polo Ribadeo FC
trofeo emma cuervo 2022
trofeo emma cuervo 2022
24 Xul 2022

Presentouse oficialmente a 71º edición do Trofeo Emma Cuervo e a súa segunda edición no fútbol feminino, organizado polo Ribadeo FC e que será o 20 e o 28 de agosto.

A Xunta financia tanto o partido de fútbol masculino como o feminino e nesta ocasión o trofeo foi deseñado por Carlos Pérez e é Vega trasladou o seu agradecemento tanto ao Ribadeo FC., pola organización do Torneo, como a Carlos Pérez, polo deseño do trofeo, unha reprodución da Torre dos Moreno elaborada por Sargadelos.

PARTIDOS

Tito Suárez, coordinador de deportes informou que o 20 de agosto, ás 18.30 horas terá lugar no campo Pepe Barrera o partido entre o Deportivo da Coruña e os Unionistas de Salamanca. Por outra banda, o 28 de agosto, ás 18.00 horas, celebrarase o encontro entre o Deportivo da Coruña femenino e o Oviedo FC femenino.

0.18151187896729