O 3 e 4 de xaneiro será o Torneo de Nadal Cidade de Viveiro

AMariñaXa

Viveiro acolle os próximos días 3 e 4 de xaneiro o Torneo de Nadal Cidade de Viveiro de baloncesto, un campionato patrocinado polo Concello e organizado polo CB Viveiro e Drocer Eventos, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta xunto a Viveiro Asesores, Cafés Candelas e Hotel Reesort Las Sirenas.

2 ene 2023

Os polideportivos Antonio Tarrío, Vilar Ponte e o pavillón Municipal serán as sedes deste torneo para as categorías alevín e infantil, que reunirá na vila a un total de 18 equipos, 9 da categoría masculina e 9 da feminina, pertencentes ao Club Baloncesto Costa Artabra (BBCA) de Ferrol, o CB Montrove de Oleiros, o CB Navia de Asturias, o CB Bezana de Cantabria, o CAB Pontevedra ademais do club anfitrión.

“Estamos moi felices de poder acoller este torneo na nosa vila. É unha oportunidade fantástica non só de desfrutar do deporte, de animar aos nosos, de dar exemplo da práctica dunha vida saudable, senón de dar a coñecer tamén Viveiro a toda a xente que se achegue durante eses días para participar no campionato”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

En total serán máis de 220 xogadores e xogadoras, xunto a 20 adestradores, os que participarán neste “Torneo de Nadal Cidade de Viveiro” no que os seguidores do básquet poderán desfrutar de ata 30 partidos.