O 16 de setembro terá lugar a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

AMariñaXa
O 16 de setembro terá lugar a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais.O evento foi presentado hoxe. A inscrición para participar ábrese o 21
_IX Media Maratón Ribadeo   As Catedrais 2023
_IX Media Maratón Ribadeo As Catedrais 2023
21 abr 2023

O 16 de setembro terá lugar a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais.O evento foi presentado hoxe. A inscrición para participar ábrese mañá, día 21

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, indicou que “comeza o prazo de inscrición dunha nova edición da Media Maratón que vai desde a Praza do Concello ata As Catedrais e que será o 16 de setembro ás cinco da tarde. Ábrese o prazo de inscrición este venres a partir das 17 horas coas seguintes cuestións: para os 100 primeiros inscritos, 5 euros; a partir dos 100 en adiante ata o 17 de maio serán 6 euros; desde o 18 de maio ata o 25 de xullo, 7 euros; do 26 de xullo ao 15 de agosto, 8 euros; e desde o 16 de agosto ata o 12 de setembro, 9 euros. Para estas inscricións está aberto o portal championchipnorte.com”.

O edil ribadense sinalou que “esta carreira non sería factible sen todo o voluntariado que se move, toda a xente que colabora, todos os que poñen ese grao de area para estar a disposición da organización. Quero dar as grazas tamén a todas as entidades que colaboran nesta edición”.

Para Díaz Freije “este é un percorrido idílico, dunha beleza única, que vai ao carón da senda da costa e que pasa por Rinlo e por outros sitios moi bonitos de ver. Aparte é unha carreira que ten as súas peculiaridades e as súas connotacións. Animar a todos a que veñan participar porque van ser benvidos e benvidas ao concello de Ribadeo”.

IX Media Maratón Ribadeo   As Catedrais 2023