O 16 de marzo será o III Rally Concello de Ourol
AMariñaXa
O Club Clásicos Viveiro en colaboración co Concello de Ourol preparan para o vindeiro 18 de marzo o II Rally Concello de Ourol
20 Feb 2024
O Club Clásicos Viveiro en colaboración co Concello de Ourol preparan para o vindeiro 16 de marzo o III Rally Concello de Ourol e realizarase nunha única xornada que terá a súa saída ás 16.30 horas.
Xa están abertas as inscricións, ata o 9 de marzo, e lembran que as prazas son limitadas, así mesmo, pódese consultar o regulamento e a folla de inscricións na páxina web do evento.
Para máis información será necesario contactar coa organización no teléfono 717 728 817 ou nas súas redes sociais. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e será puntuable para o trofeo talleres Tuille