María José Gómez enxalza a importancia das feiras como a do Valadouro

AMariñaXa
Lembrou que a comunidade conta cun distintivo de calidade diferenciada propio para este produto
maria-jose-gomez-feira-do-mel-valadouro
12 Out 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu á XXXVII Feira do Mel da localidade lucense do Valadouro. Alí, enxalzou a importancia deste tipo de eventos, que poñen de relevo o sector apícola galego, que actúa como elemento dinamizador de moitas contornas rurais e que supón a base económica de moitas familias.

Ademais, lembrou que a nosa comunidade conta cun distintivo de calidade diferenciada propio para este produto, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, que pode complementarse tamén co selo de Artesanía Alimentaria, achegándolle unha dimensión dobre ao mel producido en Galicia, poñendo o foco na súa produción tradicional.

0.073913097381592