Mañá comeza a X Subida á Pontenova
AMariñaXa
Cada vez queda menos para celebrar a 10ª Subida A Pontenova, unha proba deportiva que puntúa para o Campionato Galego de Montaña
30 Xuño 2023
Esta fin de semana celébrase a 10ª Subida A Pontenova, unha proba deportiva que puntúa para o Campionato Galego de Montaña. Esta cita reunirá a uns 40 pilotos que competirán desde ás 15.30 horas do sábado e desde ás 9.30 horas o domingo.
A proba de motor está centralizada na localidade de Pontenova que lle dá nome e o tramo de subida sempre está localizado na estrada LU-4803, entre os puntos kilométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 kms de lonxitude.
A praza dos Fornos acollerá como todos os anos o parque de custodia, no que se concentrarán os vehículos para realizar as verificacións técnicas e administrativas previas á carreira, que se disputará en catro mangas cronometradas. Dúas na tarde do sábado e outros dúas o domingo pola mañá.