Julio Delgado seguirá dirixindo ás Guerreiras Laranxas

AMariñaXa
Julio Delgado renova con CD Burela FS e seguirá dirixindo ás Guerreiras Laranxas. Será a súa segunda etapa á fronte do equipo
julio delgado adestrador pescados ruben feminino
13 Ago 2022

Na súa primeira etapa no club, Julio Delgado foi un dos máximos responsables de que o equipo feminino do CD Burela FS se convertera en todo un referente deportivo. Con Julio no banco, o equipo viviu a mellor época da súa historia, transformada na suma de 12 títulos nas vitrinas do club.

Isto permitiulle ó CD Burela FS ser considerado dous anos seguidos o Mellor Club Feminino do Mundo por Futsalplanet Awards, mentres que o propio Julio Delgado foi nomeado o Mellor Adestrador do Fútbol Sala Feminino do mundo. Desde CD Burela FS cremos que non hai ninguén mellor para seguir dirixindo ás Guerreiras Laranxas e por iso anunciamos a renovación de Julio Delgado.

Esta tempada o equipo sufriu cambios, reforzouse con xogadoras internacionais con moito futuro por diante, sendo Julio un técnico ideal para que sigan progresando e crecendo deportivamente.

A segunda etapa de Julio Delgado comezou a finais da tempada pasada, e queremos darlle continuidade con esta renovación. As Guerreiras Laranxas volverán loitar por todo, incluíndo o título de liga, que dará comezo á tempada o próximo 10 de setembro visitando a cancha do Rayo Majadahonda.

0.13767981529236