Julia López xa é matemáticamente campiona da XIV Liga Feminina de bolos de Xove

AMariñaXa
Boa tarde malia a humidade na décimo segunda tirada de bolos que contou con 33 inscritos.. A vindeira será o sábado 28
28 ene 2023

Por Mario Eijo Barro.

Boa tarde malia a humidade na décimo segunda tirada de bolos que contou con 33 inscritos. Así no relativo á liga sénior masculina foi a cuarta victoria do líder e vixente campión que lle permite aumentar a renda sobre o segundo; os 35 puntos que separan a Miguel López de Javier Alonso -e tendo en conta que faltan 6 tiradas- antóxasenos prácticamente insalvables, polo que Miguel continúa o seu camiño cara o seu 5º título consecutivo nesta categoría. Por idade Miguel pode achegarse aos números neste deporte dese referente que é Arturo Vigo, pero para que iso suceda inda quedarían uns cuantos anos.

Para a segunda e terceira posición temos a a Javier Alonso con 82 puntos, Arturo Vigo con 70 e Daniel Alonso con 65. Por detrais deles Rafael González e Jordi Meitín con 52, Francisco Pérez con 48,… aínda con posibilidades reais de reacceder a postos de cabeza.

Na séenior feminina e a falta de 6 tiradas por celebrar, Julia López xa é matemáticamente campiona desta XIV Liga Feminina. Os 45 puntos que a separan de Belén xa son insalvables. Polo tanto, despexada esta incógnita, queda por ver quen ocupa finalmente a 2ª e 3ª posición do cadro final. Un grupo de catro xogadoras encabezado por Belén Meitín (31 pts), Salomé Bermudez (26 pts), Concepción Piñeiro (21 pts) e Carmen Roca (20 pts) vanse disputar esas prazas de privilexio nas tiradas restantes.

Na sub 16 foi unha excelente a tirada de Naia Cancelos, incluída a mellor bolada, co cal con 50 puntos arrebátalle a primeira posición ao seu irmán Jordi. A verdade é que Jordi non tivo a súa tarde no campo de Xove xa que incluso foi superado polo xovencísimo David Vigo. Interesante, polo tanto, a loita polo liderato que podemos ter entre os irmáns Cancelos nas 6 tiradas quedan por disputar.

A vindeira tirada do sábado 28 de xaneiro vaise celebrar no Centro Social de Monte.

.