Inauguran o novo céspede do campo de herba artificial da Marosa, en Burela

AMariñaXa
A obra foi subvencionada pola Deputación de Lugo, que aportou integramente os 173.501,90 euros que custaron os traballos
-Campo-de-Fútbol-a-marosa
15 Out 2024

Burela inaugurou o novo céspede do campo de herba artificial da Marosa xunto a representantes dos equipos que fan uso das instalacións. A obra foi subvencionada pola Deputación de Lugo, que aportou integramente os 173.501,90 euros que custaron os traballos. A empresa encargada de executalos foi Serviplustotal SL. Estiveron presentes en representación do Concello no acto o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey; o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez; o concelleiro de Mocidade, Mario Pillado; e a alcaldesa de Burela, Carmela López.

Tamén acudiron ao acto de inauguración representantes da SD Burela, AFD Burela e Veteranos Burela, así como integrantes do equipo infantil, que puideron estrear nese momento o novo céspede. Carlos Méndez sinalou que "a renovación do campo era moi necesaria e permitirá aos equipos do municipio desenvolver a súa actividade nas mellores condicións posibles".

Ramiro Fernández Rey, pola súa banda, agradeceu á Deputación "os seus investimentos en Burela e nos concellos da provincia, que resultan fundamentais para sacar adiante obras como estas". A alcaldesa Carmela López explicou que "a Deputación colaborará tamén co Concello no acondicionamento dun local nas instalacións da Marosa, autorizando a destinar preto de 50.000 euros de remanentes dunha achega da institución provincial para mellorar este espazo".

0.20303702354431