Hoxe celébrase en Ribadeo a XXXII edición da San Silvestre

AMariñaXa

Hoxe, 31 de decembro celébrase en Ribadeo a XXXII edición da San Silvestre.

31 dic 2022

Hoxe, 31 de decembro celébrase en Ribadeo a XXXII edición da San Silvestre. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “os premios seguen sendo da mesma cantidade e do mesmo xeito que na anterior. O prazo de inscrición remata o 26 de decembro”.

O edil ribadense lembrou que “esta nova edición vén precedida da anterior, que estivo marcada pola covid e parte desa carreira se fixo con máscara, pero logrouse levar a cabo esa edición”.

Díaz Freije agarda que sexan moitas as persoas as que se animen a inscribirse e a correr a San Silvestre 2022: “esperemos que este ano sexan moitos inscritos, que veñan a Ribadeo despedirse deste ano 2022 e que dean a entrada ao 2023. Quero desexarlles a todos os participantes un bo ano e saúde”.