Gran fin de semana para as Escolas deportivas de Lourenzá

AMariñaXa
As Escolas de Lourenzá participaron en diferentes campionatos na comunidade galega esta fin de semana conseguindo varias medallas
julia,-henar-e-carmen---Campionato-autonómico-absoluto-de-combinadas---escolas-lourenza-
Actualizada el 11 junio 2026, 09:24 horas
18 May 2022

As Escolas de Lourenzá participaron en diferentes campionatos na comunidade galega esta fin de semana. Así o pasado sábado seguiron escribindo a historia do clube as atletas Carmen , Henar e Júlia, coa súa participación no Autonómico de combinadas en Bastiagueiro, A Coruña, quedando na 4ª posición. Carmen García representou aos laurentinos no sub18 e Julia Fernández e Henar Méndez na categoría sub16.

Por outra banda, no Campionato autonómico de veteranos, Juan Luís Méndez Paz consegiu dous metais para o Maderas Barcia Lourenzá, unha prata autonómica nos 100 lisos, cun tempo de 13,32, e un bronce autonómico nos 200 con 26,63 segundos.

Méndez Paz dixo que "despois de varios achaques físicos que non puideron conmigo,volvo a estar case ó 100% demostrando unha vez máis que todo esforzo ten o súa recompensa. Ilusión, dedicación, constancia e sobretodo sacrificio."

Xa por último, Borja Nogueira Lodos, proclamouse o pasado domingo na Pastoriza subcampión provincial de duatlon na categoría masculina, logo de completar o percorrido de correr, bici e volver a correr.

Borja comentou ao final que "estou moi contento, a carreira foi dura, mellor na bici. Dedícollo aos meus compañeiros e ao noso adestrador Juan Luís, e tamén a Anxo. "

Nesta proba competiron tamén a un gran nivel entrando entre os 6 primeiros da xeral Javi Ferreiro en benxamín, Sergio García en infantil, Henar Méndez en infantil e Ian Méndez en cadete.

0.13673806190491