Entregan os trofeos do Torneo de Pádel de Cervo
Cervo pechou un espectacular Torneo de Pádel nas pistas da Veiga cunha cerimonia de entrega de trofeos que contou coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramés, e do concelleiro Alfredo Fernández. Durante o evento, felicitaron tanto aos gañadores e gañadoras como á organización, destacando o éxito dunha competición que logrou reunir a numerosos afeccionados a este deporte procedentes de toda a bisbarra.
En primeira categoría masculina impuxéronse como gañadores Pakito e Alberto e Lorena e Gloria na faminina. Na segunda categoría masculina, David e Daniel resultaron vencedores, así como Lorena e Joaqui na mixta. O torneo foi un exemplo de gran nivel competitivo e bo ambiente, consolidándose como unha cita destacada no calendario deportivo da zona.