Entregan os trofeos do Torneo de Pádel de Cervo

AMariñaXa
Durante o evento, felicitaron tanto aos gañadores e gañadoras como á organización, destacando o éxito dunha competición que logrou reunir a numerosos afeccionados
torneo-padel-cervo
7 Out 2024

Cervo pechou un espectacular Torneo de Pádel nas pistas da Veiga cunha cerimonia de entrega de trofeos que contou coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramés, e do concelleiro Alfredo Fernández. Durante o evento, felicitaron tanto aos gañadores e gañadoras como á organización, destacando o éxito dunha competición que logrou reunir a numerosos afeccionados a este deporte procedentes de toda a bisbarra.

En primeira categoría masculina impuxéronse como gañadores Pakito e Alberto e Lorena e Gloria na faminina. Na segunda categoría masculina, David e Daniel resultaron vencedores, así como Lorena e Joaqui na mixta. O torneo foi un exemplo de gran nivel competitivo e bo ambiente, consolidándose como unha cita destacada no calendario deportivo da zona.

0.15191197395325