En marcha a nova edición do Campus de Basket Entrenós de San Cibrao

AMariñaXa
En marcha a nova edición do Campus de Basket Entrenós de San Cibrao. O evento deportivo será desde o 25 de xuño e ata o 1 de xullo.
EntreNos 2023
EntreNos 2023
28 mar 2023

En marcha a nova edición do Campus de Basket Entrenós de San Cibrao. O evento deportivo organizado pola asociación deportiva e cultural EntreNos coa colaboración do Concello de Cervo, reúne a medio cento de mozos e mozas e prolongarase durante toda a semana, desde o 25 de xuño e ata o 1 de xullo.

Como novidade, este ano volven abrir as portas á opción de externo e media pensión, en prol de dar a posibilidade de acceso aos municipios máis próximos, así, como externo haberá un horario de entrada pola mañá e pola tarde, e un horario de saída; e como media pensión, será un horario de entrada pola mañá, gozarase o día enteiro incluíndo o xantar e un horario de saída á tarde. Como non, a opción de interno, gozando da vivencia completa durante os 7 días, almorzo, xantar, cea e estancia.

Así, xa se poden facer as inscricións para esta nova edición na súa web, e este ano ampliaron o rango de idade desde 2005 a 2013, ambos incluídos. Tamén haberá visitas masterclass.

EntreNos 2023