Dous karatekas do Club de Karate de Ribadeo acadan novos graos

AMariñaXa
Miguel Sanz Delgado e Janet Villarino Vizoso pasaron con éxito o exame de Cinturón Negro ata 8º Dan
ribadeo-karate
18 Nov 2024

Oviedo acolleu o Curso de Juez Tribunal Nacional de Grados organizado por Fakyda e dirixido por José Antonio González Magadán, director regional de Grados. O curso realizouse en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.

Na sesión práctica contouse coa colaboración dos mestres Eloy Roces, Félix Bargados, Ángel Arenas, Francisco Martins y Lino Gómez Feito.

Celebrouse o exame de Cinturón Negro ata 8º Dan. Neste, os karatekas pertencentes ao Club de Karate de Ribadeo obtiveron os seguintes graos: Miguel Sanz Delgado, foi Cinturón Negro 2º Dan e Janet Villarino Vizoso, Cinturón Negro 1º Dan. Ambos coa idade mínima no seu Grado.

0.062999963760376