Deputación e o Concello de Ribadeo financiarán a mellora do campo de adestramento da Devesa

AMariñaXa
Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo financiarán o proxecto de mellora do campo de adestramento e xogo da Devesa.
campo municipal da Devesa Ribadeo
25 Maio 2022

 A Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo financiarán o proxecto de mellora do campo de adestramento e xogo da Devesa. O investimento ascenderá a 50.000 euros. En datas próximas será asinado o convenio entre ambas administracións. 

Diferentes asociacións como o Ribadeo Fútbol Club, a Sociedade Deportiva Ribadeo e os Veteranos do Ribadeo Fútbol Club fan uso intenso de todas as infraestruturas por iso dende o Goberno local din que "é necesario melloralas".

O responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, contou que “o Concello presentounos este proxecto de mellora destas instalacións e transmitiunos esa necesidade porque fixérase un esforzo no campo principal pero calquera que coñeza o deporte, como o coñezo eu, sabe que esa é só unha parte e hai moitos outros como os veteranos, as categorías inferiores ou outros equipos que necesitan instalacións dignas polo que hai que melloralas. Polo tanto chegamos a un acordo e vanse facer estas obras, se todo sae ben, neste verán. Trátase de seguir nese camiño que está a facer o Concello de Ribadeo para mellorar paso a paso todos os equipamentos deportivos. E a Deputación colaborar nesa promoción do deporte que vén da man de mellorar as instalacións”. 

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, engadiu que “cando este campo da Devesa estea operativo vai estar a disposición, como sempre, das tres entidades: Ribadeo FC, SD Ribadeo e Veteranos. O montante da obra rolda os 50.000 euros, un investimento da Deputación e do Concello, practicamente ao 50 por cento, aínda que pon un pouquiño máis a Deputación”.

0.11660218238831