David Navallo e Troitas Bravas pechan a tempada como campións da Liga Nacional de Billarda

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
A última xornada disputada en Remourelle reuniu aos mellores clasificados da competición nunha intensa tarde de billarda marcada pola emoción e a entrega de trofeos
peche-billarda-2026-remourelle
10 May 2026

A Liga Nacional de Billarda 2025-2026 baixou o pano este sábado en Remourelle cunha xornada final que serviu para coroar aos grandes vencedores da tempada. Nun ambiente festivo e cunha notable participación, a competición despediuse cunha tarde na que non faltaron a emoción, a rivalidade deportiva e a convivencia entre xogadores e afeccionados.

A clasificación individual deixou como gran protagonista a David Navallo que conseguiu proclamarse campión da tempada tras unha destacada actuación na final. Pola súa banda, Markytos presionou ata o final a Gundar, aínda que finalmente tivo que conformarse coa terceira praza.

Tamén, Sachas conseguiu ser Campión de Varados.

Na categoría feminina, as mellores clasificadas foron Aroa, Geni e Alba, mentres que en infantís Antía impúxose con autoridade por diante de Mateo e Mateo Ledesma.

Na competición por equipos, Troitas Bravas proclamouse campión da tempada tras sumar 89 puntos, superando a Billardeiros Musicais, que rematou con 87. O terceiro posto foi para Madia Leva, con 67 puntos acumulados ao longo do campionato.

A entrega de trofeos contou coa presenza do alcalde, acompañado do benxamín Martín, que participaron no acto de clausura dunha tempada que volveu consolidar a billarda como unha das actividades deportivas e tradicionais con máis seguimento na comarca.

0.089401006698608