A LU-P-6102 pechará ao tráfico desde este venres por obras de mellora entre A Pontenova e Trabada

AMariñaXa
A estrada que comunica A Pontenova e Trabada pola parroquia de Vilaformán quedará pechada desde este venres, 8 de maio, con desvíos alternativos sinalizados
Deputacion-Inicio-obras-LU-P-6201-Pontenova
7 May 2026

A estrada provincial LU-P-6102 quedará cortada ao tráfico a partir deste venres, 8 de maio, polo comezo dos traballos de aglomerado en quente na vía. A actuación desenvolverase no trazado que conecta os municipios da Pontenova e Trabada a través da parroquia de Vilaformán.

As obras afectan aos catro primeiros quilómetros da estrada e contan cun investimento de case 190.000 euros. O obxectivo dos traballos é mellorar o firme e as condicións de circulación nunha vía de comunicación entre ambos municipios.

Durante o período de execución da actuación, habilitaranse desvíos alternativos para os vehículos. Estes itinerarios estarán debidamente sinalizados para facilitar a circulación e reducir as molestias ás persoas usuarias da estrada.

0.11794090270996